martes, 9 de febrero de 2010

Nelly Furtado


O seu nome real é Nelly Kim Furtado. É cantante e compositora, e filla de inmigrantes das illas Azores que se estableceron no Canadá. Aprendeu a tocar o trombón cando tiña só nove anos, o teclado cando tiña once e comezou a compoñer aos trece.
Cando terminou o bacharelato, trasladouse a Toronto. Alí formou o dúo "Hip Hop" mais deixouno por mor de non sentirse identificada co estilo musical do dúo.
Desta maneira, comeza a traballar por separado e salta á fama no ano 2000 co lanzamento do seu primeiro álbum, chamado "Whoa, Nelly!", polo que obtén un Grammy á Mellor Actuación Vocal Feminina de Pop dese mesmo ano. Logo de convertirse en nai, lanzou o seu disco "Folklore" no 2003, o cal contiña o sinxelo Forca, que logrou convertirse no himno oficial da Eurocopa de Fútbol de 2004, malia ser un disco considerablemente menos comercial.

Finalmente en 2006 e baixo as influencias musicais do productor Timbaland lanza o álbum máis exitoso : "Loose", do que se extraen catro grandes éxitos internacionais: "Promiscous","Maneater", "All good things (come to an end) y "Say it right", así como outros dos sinxelos de menor trascendencia, Do It e In God's Hands. Ademais lánzanse os temas Te busqué para España e outros países europeos e No Hay Igual para o mercado latinoamericano. A canción Somebody to Love foi single en Grecia e Turquía e chegou a ser número 1 en ambos países, a pesar de non ter video musical.

No ano 2009 lanza o seu disco "Mi plan", no que as colaboracións con outros artistas teñen moita presenza ( James Morrison, Julieta Venegas... ), así como tamén a diversidade linguística ( inglés, español e portugués ).

Nun vídeo recente Nelly diXo: "Estou escribindo un álbum en Inglés, Timbaland e mais eu estivemos no estudio hai uns tres meses e escribimos 20 cancións en dous días. Foi realmente inspirador. Creo que tal vez algo dese material estará no meu álbum en Inglés ". O día 23 de Octubre, Nelly confirma que está traballando con Timbaland nun novo traballo, e que o seu disco será un EP con 7 cancións. O día 15 de Decembro, de 2009, a propia Nelly Furtado escribiu no seu Twitter que o seu novo disco en Inglés saldrá o día 25 de mayo de 2010.